Mosteiro de Sobrado. Sancristía. (2009)

English version

Non hai moito tiven a oportunidade de visitar o Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes (s. XVI) para un traballo fotográfico que debía realizar. Quedei sobrecollido pola grandiosidade desa parte do noso patrimonio que permanece tan agochado como descoñecido.
A sancristía podería ser considerada como un dos exemplos máis fermosos do Renacemento galego polo equilibrio das súas formas e a elegancia do conxunto arquitectónico; mais todo isto hai que observalo baixo unha pátina de mofo e brión que recobre todas as súas paredes.
Marchei do lugar coa seguridade do retorno que te deixan eses sitios aos que sabes que algún día has volver e todo permanecerá igual e de novo poderás contemplar estas pedras que con tanta sabedoría foron labradas.
Tamén marchei meditando sobre a necesidade e urxencia que temos de coidar o noso incrible patrimonio, pois ningún pobo sobrevive de costas á súa propia historia.

Xoan Piñón


ver Galería "Cámara Barroca"

Técnica
Luz: Natural
Cámara : Hasselblad 503 CW
Obxetivo : Zeiss 80 mm
Captura con respaldo dixital 22 mp
Exposición : 1, 2 e 4 segundoss a F.16
ISO : 50
Posproducción dixital HDR

Foto © Xoan Piñón

4 comentarios:

Juan Antonio Torron Castro dijo...

Fabulosa, desde logo que n'a terriña temos cousas pero que muy guapas,muchas gracias por mostrarlas. Un saludo.-

Elaine dijo...

Beautiful... it's so hard to capture interiors. This is gorgeous!

Merce dijo...

Levo un bo anaco ollando o teu traballo. A verdade e que e sorprendente en todolos aspectos.

Uha aperta.

Anónimo dijo...

UNHA IMAXE EXCEPCIONAL DUNHA OBRA EXCEPCIONAL que mostra canta cultura pode haber en tan pouco espacio.
Demasiada CULTURA para a Consellería e o Ministerio.
Me pregunto que poden sentir os sucesivos responsables da seleccion das PRIORIDADES en materia cultural ante unha imaxe desta beleza.
¡Quédalles tan grande, resulta tan inmenso que as suas pretensiós de crear grandes "cidades culturáis" resultan patéticas!